Produtos

Mel Pole Propóleo
   
  Mel en Pó  

Mel

É unha sustancia producida polas abellas obreiras a partir de néctar das flores ou secrecións de partes vivas das plantas, e as sustancias que elas mesmas engaden do seu propio organismo. Dentro so seu esófago transfórmano en mel que despois almacenan no panal da colmea para que madure, podéndose producir mel monofroral ou multifroral.

A mel é un produto doce natural que non pode ter ningún tipo de aditivo e ademais de cubrir necesidades fisiolóxicas básicas como e a alimentación, tamén posúe importantes propiedades terapéuticas.

Propiedades da mel: A mel é un produto con numerosas virtudes medicinais e nutritivas, está composta principalmente por azucres e outras sustancias en pequena cantidade , responsables das súas propiedades medicinais.

Aumenta a enerxía natural, evita o cansazo, prevén e cura anemias, fatiga ou estrés. Tonifica ó corazón cansado, axuda a eliminar a retención de líquidos e os problemas cardíacos, contén sustancias antibióticas e axuda a curar e previr infeccións.

As feridas e queimaduras cúranse aplicando mel, as súas propiedade antisépticas e cicatrizantes evitan as infeccións e aceleran a cura da pel danada.

A mel activa a eliminación de hasta un 35% do alcohol xa que activa o metabolismo do fígado, tamén e boa para eliminar toxinas e protexer o fígado de medicamentos e contaminantes.

É antioxidante e axuda a previr de alerxias e a evitar o insomnio.

Para boa para carreiras de larga duración, axuda a previr o risco de hipoglucemia, favorece a oxidación das graxas e a liberación de glucóxeno e axuda a eliminar as toxinas causadas polo esforzo.

E boa unha cucharada de mel cada día para previr de fracturas por estrés e osteoporoses xa que aumenta a absorción de calcio.


Cristalización

A cristalización é un proceso natural da mel que tende a solidificarse a temperaturas cercanas os 14ºC grados. O ser un proceso físico natural a mel conserva todas as súas propiedades químicas sen deterioro das súas cualidades e características nutritivas. Segundo o tipo de mel pode presentar maior ou menor tendencia a cristalizar


Pole

É un produto apícola rico en proteínas e vitaminas, utilizado polo seu gran valor dietético. O polen é un produto de gran valor, considerado por moitos o produto estrela da colmea. E a secreción masculina das flores, que cando cae sobre o pistilo, órgano feminino da flor, produce a polinización.

Os beneficios de consumir pole fano moi recomendable para tratar a impotencia, anemia, depresión, estrés, cansancio e como suplemento para deportistas, nenos en crecemento, embarazadas e lactantates.


Propiedades do pole

Un quilogramo de polen ten 3 veces más cantidade de proteína que a mesma cantidade de carne.

É o único nutriente coñecido para a próstata e combate o estreñimento.

Favorece a lonxevidade, recoméndase para trastornos nerviosos xa que é un reconstituinte intelectual.

Axuda a mellorar a visión e como tratamento contra a caída do pelo.

Usase como ingrediente en moitas cremas de beleza.

Como única contraindicación é o consumo por parte de alérxicos e persoas con asma.


Propóleo


É un forte antibiótico natural.

O propóleo é unha sustancia que obteñen as abellas das llemas das árbores que posteriormente procesan na colmea converténdoa nun potente produtor natural que actúa como antiséptico, antiviral e antiinflamatorio.

O propóleo é unha sustancia resinosa e escura de forte sabor, as abellas recóllena para fabricar un líquido para protexer a colmea. Ten un gran poder antibiótico e tamén efectos anestésicos, antiinflamatorios e cicatrizantes, é moi eficaz para as enfermidades respiratorias, gripes, catarros, bronquite e infeccións en xeral.


Mel en po

É un produto que se consegue a partir dun proceso de deshidratación de mel pura que a transforma nun po fino. É un edulcorante totalmente natural, exactamente co mesmo sabor que a mel.

Este produto totalmente innovador caracterízase por ofrecerlle ó consumidor a posibilidade de consumir mel absolutamente natural sen a particularidades que ten no seu estado natural, que a poden facer pouco apetecible a certos sector do mercado, ó tempo que abre portas a súa aplicación en novos usos.